Joomla!: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: si:ජූම්ලා |
m bot Modificado: en:Joomla |
||
Liña 36: | Liña 36: | ||
[[da:Joomla!]] |
[[da:Joomla!]] |
||
[[de:Joomla]] |
[[de:Joomla]] |
||
[[en:Joomla |
[[en:Joomla]] |
||
[[eo:Joomla!]] |
[[eo:Joomla!]] |
||
[[es:Joomla!]] |
[[es:Joomla!]] |
Revisión como estaba o 11 de novembro de 2009 ás 13:40
Joomla! é un sistema de administración de contidos codigo aberto baixo PHP que é utilizado pra publicar na Internet e na intranets. Este sistema utilízase cunha base de datos MySQL. Joomla! contén utilidades como feed RSS, blogs e foros, entre outras.
O seu nome é unha pronunciación fonética da verba suajili jumla que vén a dicir todos xuntos.
A primeira versión do Joomla! (Joomla! 1.0.0) foi publicada no 16 de setembro do 2005. Tratábase dunha versión mellorada do Mambo 4.5.2.3 mesturada con outras modificacións de seguridade e anti-bugs. No futuro desta utilidade, os programadores van publicar Joomla! 2.0 baixo un código completamente reescrito e construído baixo PHP 5.
Joomla! esta publicado baixo unha licenza GNU GPL.
Extensións
Unha das melloras que ten este CMS é a gran cantidade de extensións programadas que fan tódolos usuarios, e que fan crecer as posibilidades do Joomla con novas características que se integran de xeito sinxelo no programa. Por exemplo o bot Wikibot permite crear automaticamente de xeito dinámico e sen intervención humana hipeligazóns nos contidos da web que ligan cara artigos da Wikipedia, sempre que existan.
Joomla! en galego
O Joomla! pódese atopar traducido ó galego na web da CiberIrmandade da fala e tamén tradución dos compoñentes. Nos seus foros, atoparás soporte técnico.
Pódese atopar tamén traducido, tanto o sitio como a administración, no proxecto Tradución ao galego do Joomla! 1.5 na forxa de mancomún.
Aquí está a extensión para traducir o joomla! 1.5 ao galego. O proxecto está na forxa de joomla! joomlacode