Victorino Pérez Prieto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Victorino Pérez Prieto é un escritor e teólogo galego nacido en Hospital de Órbigo en 1954. Realizou estudos de Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na ..."
 
Liña 25: Liña 25:
Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar, Valencia 2008.
Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar, Valencia 2008.
Dios, hombre, mundo. La Trinidad en Raimon Panikkar, Barcelona 2008.
Dios, hombre, mundo.
La Trinidad en Raimon Panikkar, Barcelona 2008.



Revisión como estaba o 25 de outubro de 2009 ás 19:47

Victorino Pérez Prieto é un escritor e teólogo galego nacido en Hospital de Órbigo en 1954.

Realizou estudos de Filosofía e Teoloxía no Instituto Teolóxico Compostelán e na Universidade Pontificia de Salamanca, doutorándose en Teoloxía nesta Universidade cunha tese sobre a teoloxía interrelixiosa e intercultural de Raimon Panikkar. Ordenado sacerdote, exerceu o ministerio na diocese de Mondoñedo-Ferrol. Ten colaborado na impartición de clases e cursos coas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Foi o primeiro director da revista Irimia e é membro do Consello de redacción da revista Encrucillada.

É membro da Asociación de Teólogos Juan XXIII e da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten publicado numerosos artigos en revistas e diarios, e varios libros individuais e en colaboración.


Obra

A xeración "Nós". Galeguismo e relixión, Vigo 1988.

Galegos e cristiáns. "Deus fratresque Gallaeciae", Vigo 1995.

Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo, A Coruña 1997.

A Romaxe de Crentes Galegos. De Irimia a Santa Margarida, Santiago 1998.

Ecologismo y cristianismo, Santander 1999.

Con cordas de tenrura, Vigo 2000. [trad. esp. Con cuerdas de ternura, Madrid 2002].

Contra a síndrome N.N.A. Unha aposta pola esperanza, Vigo 2005.

Os ríos pasan cheos de Deus. Poesía religiosa en galego, Noia 2007.

Más allá de la fragmentación de la teología el saber y la vida: Raimon Panikkar, Valencia 2008. Dios, hombre, mundo.

La Trinidad en Raimon Panikkar, Barcelona 2008.


Algunhas das súas colaboracións en obras colectivas:

“Castelao e a verdade dos pobres”, en O Ensino da lingua: por un cambio de rumo, A Coruña 1995.

“Manuel María, poeta relixioso”, Manuel María, Lugo 2001.

“A dimensión teolóxica do camiño”, Aulas no camiño. Diálogos nun camiño da cultura Europea, A Coruña 2007.

“A Igreja do futuro”, Ser Igreja, Lisboa 2007.

“Pensamento relixioso”, Diccionario Enciclopedia do Pensamento Galego, Vigo 2008.


Ligazóns externas

http://www.galegos.info/gl/victorino-perez-prieto

http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=VicPE9rez1&alias=Victorino+P%E9rez+Prieto