Castro de San Millao: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'Cultura Castrexa' por 'Cultura castrexa'
O contido da páxina foi eliminado
Liña 1: Liña 1:
{{en uso}}
{{Castro
| imaxe =
| parroquia = [[San Millao, Cualedro|Santa María de San Millao]]
| concello = [[Cualedro]]
| provincia = [[provincia de Ourense|Ourense]]
| comuautónoma = Galicia
| dataocupación = [[século II]] d.C ata o [[século IV]] d.C
| datadescuberta = ?
| dataescavación = 1953 [[século XX]]
| estadoactual = abandonado, apenas perceptible visualmente
| extensión = arredor de 40 ferrados
}}

O '''Castro de San Millao''' é un [[xacemento arqueolóxico]] da [[cultura castrexa]] [[celta]],declarado monumento nacional. Localizado en [[San Millao, Cualedro|Santa María de San Millao]], no concello [[provincia de Ourense|ourensán]] de [[Cualedro]]; [[Galicia]]. É coñecido tamén coma ''Cidá do castro''<ref>[http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=123&crec=19786&cidi=G Ficha do castro en Turgalicia]</ref> ou ''Cidá de Grou''<ref>[http://www.cualedro.es/files/Guia-de-Cualedro.pdf Guía do concello de Cualedro. Páx. 88]</ref>.

==Localización==
O '''Castro de [[San Millao, Cualedro|San Millao]]''' está localizado a 730 m de altitude. Está orientado en dirección Norte-Sur, cun eixo maior na súa dirección Leste-Oeste. Atópase encaixado no medio de pequenos [[outeiro]]s, o que dificultaría a visibilidade dos seus habitantes, así como a dos seus posibles atacantes. Canto ao terreo, é pouco fertil na altura dos estratos desa época.

É de doado acceso se se compara con outros castros da área delimitada dentro da [[cultura castrexa]], dado que se atopa nunha zona de relevo pouco pronunciado.<ref>http://www.cualedro.es/files/Guia-de-Cualedro.pdf | Guía do concello de Cualedro. Páx. 10</ref>

==Historia==
A aparición do castro de [[San Millao, Cualedro|San Millao]] remóntase o [[século II]] d.C <ref> [http://www.cualedro.es/files/Guia-de-Cualedro.pdf Guía do concello de Cualedro. Páx. 86]</ref> e a fin da súa ocupación data do [[século IV]] d.C<ref>Guía dos castros de Galicia. Ed. do Cumio. Páx. 143</ref>.

O castro de [[San Millao, Cualedro|San Millao]] enmárcase dentro do período de ocupación romana da [[Gallaecia]] mais dentro del non se atopou material arqueolóxico [[romano]] ningún.<ref>Guía dos castros de Galicia. Ed. do Cumio. Páx 145</ref>.

Está situado na zona onde residían os [[Bíbalos|Bebaloi]] ou [[Bebaloi|Bíbalos]] os cales participaban dentro do [[Forum Bibalorum]]; dentro do [[Conventus Bracarensis]] o que antes viría a ser o [[Oinaikos Growion]]<ref>Atlas histírico da Galiza. Ed. da Galiza. Páx. 21</ref>.

==Descrición==
O castro de [[San Millao, Cualedro|San Millao]] é un [[castro]] de tipo [[chairego]], de grandes defensas e de rasgos [[gandeiro]]s. Atópase circundado por un pequeno [[regato]] de [[montaña]].

===Distribución===
Este [[xacemento arqueolóxico|xacemento]] ten certas similitudes en canto a distribución co [[castro de Elviña]]. O [[castro]] presenta tres barrios superpostos a distinto nivel, todos eles amurallados e independentes os uns dos outros. A súa planta é de xeito [[ovoide]]

===O sistema defensivo===
O sistema defensivo do castro de [[San Millao, Cualedro|San Millao]] é a particularidade mais salientabel do conxunto. Para acadar un recinto seguro no que habitar e gardar o gando o [[castro]] posue:
*Na cara [[norte]] ábrese un grande [[foso]] que chega a acadar unha profundidade de oito metros de alto e ten entre seis e doce metros de ancho.
*Nas caras [[sur]] e [[oeste]] atópase un [[regato]] encaixado no [[substrato]] do chan que fai de barreira natural inaccesibel.
*Na cara [[leste]] atopamos a área de terreo mais chá, cuberta cunha barreira de [[pedras fincadas]] de 70 cm. nunha zona que abarca 130 metros de longo por 30 de ancho.
* Unha [[muralla ciclópea]] de [[granito|rocha granítica]] feita en [[cachotería]] que nalgunhas zonas acada mais de metro e medio.<ref>Boletín Auriense do 1986. Páx 39-89 </ref>
*Unha área

==Estudos arqueolóxicos==
Dende mediados do [[século XX]] ata finais de este mesmo o [[xacemento arqueolóxico]] vai ser estudado en tres períodos; ficando a día de hoxe abandonado.

*Os primeiros estudos sobre este castro veñen da mao de [[Florentino López Cuevillas]] e [[Taboada Chivite]] no ano [[1953]] cun estudo en profundidade deste.<ref>Guía dos castros de Galicia. Ed. do Cumio. Páx. 143</ref>
*No ano [[1954]] [[Florentino López Cuevillas]] e [[Taboada Chivite]] voltan o [[castro]] para realizar as primeiras escavacións así como para analizar a estructura defensiva que ten. Estas escavacions continuanse no ano [[1955]] co mesmo fin.<ref>Guía dos castros de Galicia. Ed. do Cumio. Páx. 143</ref>
*[[X. Rodríguez González]] e [[F. Fariña Busto]] retoman os traballos e estudo do castro desenvolvendo tarefas de limpeza e escavacións no mesmo. Mais tarde publican as memorias científicas nas que recollen os seus estudos.<ref>Guía dos castros de Galicia. Ed. do Cumio. Páx. 143</ref>

===Achados arqueolóxicos===
Tanto os traballos de [[Florentino López Cuevillas]] e [[Taboada Chivite]] coma os de [[X. Rodríguez González]] e [[F. Fariña Busto]] deron luz a numerosos achádegos que nos axudan a comprender como era a vida no castro de [[San Millao, Cualedro|San Millao]].

Entre os achados máis importantes atópanse:<ref>Guía dos castros de Galicia. Ed. do Cumio. Páx. 143</ref>
*Fragmentos cerámicos de [[estampillado SSS]] pertencentes a unha peza de tamaño medio.
*Fragmentos cerámicos de bordes.
*Fragmentos cerámicos de labios.
*Fondos de pezas cerámicas correspondentes a olas abertas globulares.
*Fragmentos en bronce de remaches e de caldeiros.
*Fragmentos en ferro dun cencerro.

===O Modo de vida no castro de San Millao===
Dadas as características do solo, o xeito construtivo, as descubertas e a situación do castro, as familias pertencentes os [[Bíbalos|Bebaloi]] ou [[Bebaloi|Bíbalos]] que moraban nel, dedicábanse principalmente a gandaría ovina, alfarería e comercio con outros castros ou aldeas da zona aproveitando a [[via romana]] que percorría a zona próxima a [[Xironda]].<ref>Boletín Auriense do 1986. Páx 39-89 </ref>

==Notas==
{{Listaref}}

==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Castro (poboado)|Castro]].
*[[Cultura castrexa]].
*[[Castros de Galicia]].
*[[Nacións celtas]].

[[Categoría:Cualedro]]
[[Categoría:Castros de Galicia|Cualedro]]

<!--Categorías ocultas-->
[[Categoría:Castros de Galicia sen imaxes|Cualedro]]

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2009 ás 14:57