Hioide: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: pt:Osso hioide |
m bot Engadido: he:עצם הלשון |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
[[fi:Kieliluu]] |
[[fi:Kieliluu]] |
||
[[fr:Os hyoïde]] |
[[fr:Os hyoïde]] |
||
[[he:עצם הלשון]] |
|||
[[hr:Podjezična kost]] |
[[hr:Podjezična kost]] |
||
[[hu:Nyelvcsont]] |
[[hu:Nyelvcsont]] |
Revisión como estaba o 28 de xuño de 2009 ás 15:20
O hioide é un óso do pescozo, único, situado enriba da larinxe, coa que mantén importantes relacións. Únese a este órgano mediante a membrana tiro-hioidea, entre a cartilaxe tiroide e o óso hioide. Na parte superior relaciónase coa parte máis posterior da lingua. A situación do hioide permite distinguir dous grupos distintos de músculos: os suprahioideos (superiores ó hiode) e os infrahioideos (inferiores ó hioide).
Estrutura do óso
- Corpo:
- Cara anterior: insírense os seguintes músculos:
- Xenihioideos
- Hiogloso
- Digástrico
- Estilohioideo
- Cara posterior: relaciónase coa membrana tirohioidea a través da bolsa adiposa de Boyer.
- Bordo superior: insírese a membrana hioglosa e os músculos hiogloso, xeniogloso e xenihioideo.
- Bordo inferior: insírense os músculos:
- Tirohioideo
- Omohioideo
- Esternocleidohioideo
- Cara anterior: insírense os seguintes músculos:
- Astas maiores:
- Superficie interna: insírese o músculo hiogloso.
- Superficie externa: insírese o músculo constritor medio da farinxe.
- Bordo superior: insírese o ligamento tirohioideo lateral. Tamén hai fibras do músculo constritor medio da farinxe, do hiogloso do digástrico e o estilohioideo.
- Bordo inferior: insírese a membrana tirohioidea.
- Astas menores: insírense:
- Ligamento estilo-hiodeo.
- Músculo estilogloso
- Músculo hiogloso
- Músculo constritor medio da farinxe
Interese forense
Nos asasinatos por estrangulación este óso soe romperse.
Interese antropolóxico
A posición do hioide é importante para determinar que homo podía falar e cal non. O primeiro en falar suponse a día de hoxe que é o Homo ergaster, cuxo hioide está máis elevado có dos homo predecesores.