Entropía: Diferenzas entre revisións
m bot Eliminado: pt:Entropia |
m bot Engadido: pt:Entropia (termodinâmica) |
||
Liña 62: | Liña 62: | ||
[[no:Entropi]] |
[[no:Entropi]] |
||
[[pl:Entropia]] |
[[pl:Entropia]] |
||
[[pt:Entropia (termodinâmica)]] |
|||
[[ro:Entropie]] |
[[ro:Entropie]] |
||
[[ru:Термодинамическая энтропия]] |
[[ru:Термодинамическая энтропия]] |
Revisión como estaba o 6 de xuño de 2009 ás 08:31
Magnitude física que dá conta do estado de desorde dun sistema.
Entropía ven do grego en (en) + trope (transformación), e, espontaneamente, a Entropía final é maior que a inicial, tendo unha variación sempre positiva. A variación positiva da Entropía indica o sentido natural en que calquer evento ocorre.
A Entropía podeselle chamar enerxia incapaz de realizar traballo, e está presente en todos os procesos, no sentido do aumento global da Entropía.
A perda de enerxía en cada proceso, na transformación, está relacionada co aumento da Entropía. A enerxía perdese, disipase, e non temos como reaproveitála.
De modo xeral a Entropía aumenta coa elevación da temperatura, pois de acordo coa Enerxía Libre de Gibbs, a enerxía libre é dada pola diferenza da enerxía total e os factores entropicos:
G=H-TS
Onde, G=Enerxía Libre, H=Entalpía, T=Temperatura, S=Entropía
Segundo Erwin Schrödinger, a enerxía é necesaria para repor non só a enerxía mecánica dos nosos esforzos corporais, mais tamén o calor que liberamos continuamente no ambiente. E que liberamos calor non é accidental, senon esencial, pois é precisamente esta a maneira a través da cal nos libramos do excedente de Entropía que producimos continuamente no noso proceso de vida física.
A Termodinámica Cuántica utiliza os métodos da Mecánica Estatística para calcular os parámetros termodinámicos dos componentes dun sistema. De entre eses parámetros, están aqueles que nos permiten relacionar a Entropía dun sistema coa súa Organización e contido da Información.
Unha variación negativa, da Entropía, espontánea, implicaría no retroceso dun evento, o evento estaría voltando no tempo, o que é improbable.