Abetouro común: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: hr:Europski bukavac |
m bot Engadido: cs:Bukač velký |
||
Liña 45: | Liña 45: | ||
[[bg:Голям воден бик]] |
[[bg:Голям воден бик]] |
||
[[ca:Bitó comú]] |
[[ca:Bitó comú]] |
||
[[cs:Bukač velký]] |
|||
[[cy:Aderyn y Bwn]] |
[[cy:Aderyn y Bwn]] |
||
[[da:Rørdrum]] |
[[da:Rørdrum]] |
Revisión como estaba o 30 de maio de 2009 ás 21:10
Abetouro común | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | ||||||||||||
| ||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
| ||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Botaurus stellaris | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O abetouro común (Botaurus stellaris) e unha ave da familia das garzas (Ardeidae).
Descrición
Unha miga meirande ca un galo doméstico: ata 76 cm de lonxitude e 1,35 kg de peso. A envergadura das ás chega ós 130 cm. Ten aspecto gordecho, co pescozo gordo e patas curtas. O peteiro, relativamente curto, é forte e de cor amarela agrisada. A plumaxe está finamente listada de negro, castaño e branco. A plumaxe castaña e manchada sérvelle para mimetizarse moi ben nos canavais. Cando sente a proximidade dun intruso, fica quieto co bico apuntando cara arriba e móvese coma unha planta abaneada polo vento. Nesta posición pode aguantar ata que o intruso está moi preto. A chamada de cortexo dos machos, que recorda o muxido dun touro, pode escoitarse a quilómetros de distancia
Distribución
Cría dende Portugal ata Xapón e á illa de Saxalín. No sur vive dende o noroeste de África ata Irán, Afganistán e ata a península de Corea. No continente europeo aniña na Europa meridional e central. Na Península Ibérica aniña no centro e no sur, en Galiza actualmente pode considerarse como moi raro.
Hábitat
Vive en zonas acuáticas coma lagos, pantanos e estanques. Precisa vexetación con zonas de canavais e xunqueiras mestas, polas que se despraza axilmente, nas que fai o niño e onde atopa abeiro. Para alimentarse precisa zonas de vexetación baixa á beira da auga ou augas abertas
Reprodución
Os machos son polígamos e non se ocupan de chocar ou alimentar ós polos. Sábese de machos que se aparellan con ata sete femias reprodutoras. A época de face-lo niño varía mesmo entre as aves que viven na mesma área. Constrúeno en zonas de mato espeso, con canas e xuncos, e cóbreno con follas e herba seca. O diámetro é duns 50 cm e a altura duns 30. Poñen entre 3 e 7 ovos, nun período de entre 2 e 3 días entre a primeira e a última posta. A femia comeza a chocar en poñendo o primeiro. Incuban ámbolos dous membros da parella, aínda que o macho o fai en poucas ocasións. Os pitos rompen a casca despois de 25 ou 26 días de incubación, e comezan a saír do niño dúas ou tres semanas despois, aínda que ata que teñen máis de dous meses non poden voar, momento no que a familia se separa.
Status
A súa poboación está en forte regresión en Europa a causa da desaparición das zonas húmidas. A drenaxe de moitas zonas de nidificación e a falta de vexetación palustre ameazan a súa supervivencia. A isto hai que sumarlle as molestias que lles causan as actividades lúdicas que teñen lugar nas súas áreas de cría (foxen deseguida das zonas frecuentadas) e, nalgunhas zonas, a caza. Entre 1970 e 1990 a poboación europea reduciuse nun 20%.
Nome común noutras linguas
- Danés: Rørdrum
- Alemán ; Rohrdommel
- Inglés: Great Bittern
- Español :Avetoro
- Francés: Butor étoilé
- Húngaro: Bölömbika
- Italiano: Tarabuso
- Neerlandés; Roerdomp
- Ruso: Bolxaia vyp’