TEU (unidade de medida): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m {{Ligazóns internas}}{{FormatoWiki}}
Liña 1: Liña 1:
{{Ligazóns internas}}{{FormatoWiki}}
'''TEU:''' Unidade de medida de capacidade de transporte marítimo en colectores.
'''TEU:''' Unidade de medida de capacidade de transporte marítimo en colectores.



Revisión como estaba o 14 de abril de 2009 ás 08:57

TEU: Unidade de medida de capacidade de transporte marítimo en colectores.

Orixinalmente é un acrónimo da expresión inglesa "Twenty-feet Equivalent Unit". O tamaño que se estabeleceu como base, tomando como unidade a capacidade dun colector de 20 pés.

As súas dimensións son: 20 pés de longo x 8 pés de ancho x 8,5 pés de altura, equivalentes a 6,096 metros de longo x 2,438 metros de ancho x 2,591 metros de alto. O seu volume exterior é de 1360 pés cúbicos equivalentes a 38,51 metros cúbicos. A súa capacidade é de 1165,4 pés cúbicos equivalentes a 33 metros cúbicos. O peso máximo da carga no seu interior é de 28.230 Quilogramos.

Aparte do colector de 20 pés, que se computa como un TEU, hai outros longos e tipos de colectores. Os de uso frecuente son variantes do colector de 40 pés e son calculados como equivalentes a 2 TEUs = 1 FEU (Forty-feet Equivalent Unit).