Vea cava superior: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hr:Gornja šuplja vena
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 27: Liña 27:
[[pl:Żyła główna górna]]
[[pl:Żyła główna górna]]
[[pt:Veia cava superior]]
[[pt:Veia cava superior]]
[[ru:Полая верхняя вена]]
[[ru:Верхняя полая вена]]
[[sh:Gornja šuplja vena]]
[[sh:Gornja šuplja vena]]
[[sk:Horná dutá žila]]
[[sk:Horná dutá žila]]

Revisión como estaba o 21 de marzo de 2009 ás 20:40

É unha vea humana curta, pero moi grosa. Fórmase pola unión dos troncos braquiocefálicos venosos esquerdo e dereito. O seu traxecto é curto e pronto chega ao corazón, máis concretamente á aurícula dereita. Porta o sangue do pescozo, cabeza e membros superiores, que provén dos troncos braquiocefálicos e das súas tributarias. Ademais de recibir o samgue das zonas superiores, recibe o sangue da vea ácigos, que recolle o sangue do hemitórax esquerdo. Esta vea ten a particularidade de facer un arco antes de desembocar na cava superior. Tamén pode chegarlle sangue venoso do hemitórax esquerdo, a través da vea hemiácigos. Esta última conexión é inconstante, xa que a hemiácigos pode non aparecer ou pode desembocar noutras veas.

En definitiva, a cava superior recolle o sangue de:

  • Veas xugulares internas
  • Veas xugulares anteriores
  • Veas mamarias internas. A estas chegan as veas xugulares externas
  • Veas tiroideas inferiores
  • Veas vertebrais

Relacións da cava superior

  • Por diante: Timo en idade infantil e os seus vestixios en idade adulta.
  • Por detrás: Arco da vea ácigos e pulmón dereito.
  • Por fóra: Pulmón e nervio frénico dereito.
  • Por dentro: Aorta ascendente