Academia Sueca: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: el:Σουηδική Ακαδημία |
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[ |
[[Ficheiro:Svenska-Akademien.jpg|thumb|250px|Fachada da '''Academia Sueca''']] |
||
A '''Academia Sueca''' (''Svenska Akademien'' en [[Lingua sueca|sueco]]) foi fundada o [[20 de marzo]] de [[1786]] polo rei [[Gustavo III de Suecia]], co obxecto de fomentar o uso do [[Lingua sueca|idioma sueco]] seguindo como modelo a [[Academia francesa]] (mesma academia sobre a que se modela a [[Real Academia Española]]). Consta de 18 membros, as súas funcións eran inicialmente similares á súa homóloga francesa. |

Revisión como estaba o 11 de marzo de 2009 ás 18:08
A Academia Sueca (Svenska Akademien en sueco) foi fundada o 20 de marzo de 1786 polo rei Gustavo III de Suecia, co obxecto de fomentar o uso do idioma sueco seguindo como modelo a Academia francesa (mesma academia sobre a que se modela a Real Academia Española). Consta de 18 membros, as súas funcións eran inicialmente similares á súa homóloga francesa.
O seu divisa é "Talento e Gusto" (Snille och Smak en sueco). O seu obxectivo principal consiste en servir a pureza, o vigor e a maxestade da lingua sueca. Publica desde este punto de vista dous dicionarios:
- Svenska Akademiens Ordlista (SAOL).: unha obra nun único volume
- Svenska Akademiens Ordbok (SAOB).: unha obra publicada en varios volumes Desde 1901.
A Academia sueca designa todos os anos ao laureado de Premio Nobel de Literatura, un dos premios instaurados por Alfred Nobel no seu testamento. A Academia reúnese no edificio de Börshuset que posúe na cidade vella de Estocolmo. É aquí onde se anuncia todos os anos o nome dos laureados cos diferentes Premios Nobel.