Leoncio II: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tl:Leontios
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Solidus-Leontinus-sb1330.jpg|thumb|300px|Sólido do emperador '''Leoncio''']]
[[Ficheiro:Solidus-Leontinus-sb1330.jpg|thumb|300px|Sólido do emperador '''Leoncio''']]


'''Leontios''' (Λεόντιος), en galego '''Leoncio''' ([[660]] - [[705]]) foi un emperador [[Imperio Bizantino|bizantino]] que reinou durante uns poucos anos a finais do [[século VII]]. Durante o seu breve reinado ([[695]]-[[698]]) os bizantinos perderon a súa provincia do norte de África ([[Cartago]]), que caeu en mans dos árabes.
'''Leontios''' (Λεόντιος), en galego '''Leoncio''' ([[660]] - [[705]]) foi un emperador [[Imperio Bizantino|bizantino]] que reinou durante uns poucos anos a finais do [[século VII]]. Durante o seu breve reinado ([[695]]-[[698]]) os bizantinos perderon a súa provincia do norte de África ([[Cartago]]), que caeu en mans dos árabes.

Revisión como estaba o 9 de marzo de 2009 ás 20:04

Sólido do emperador Leoncio

Leontios (Λεόντιος), en galego Leoncio (660 - 705) foi un emperador bizantino que reinou durante uns poucos anos a finais do século VII. Durante o seu breve reinado (695-698) os bizantinos perderon a súa provincia do norte de África (Cartago), que caeu en mans dos árabes.

Leoncio fora un xeneral que servira aos emperadores Constantino IV e Xustiniano II. Xustiniano II mandouno encarcerar tras ser derrotado polos árabes en Sebastopolis. Foi liberado en 695 e inmediatamente organizou un golpe de estado que depuxo a Xustiniano II; un emperador que era odiado pola poboación debido á súa dura política fiscal. Leoncio ordenou amputar o nariz a Xustiniano II e desterralo á colonia de Querson situada en Crimea.

O reinado de Leoncio durou escasamente tres anos e foi bastante impopular. O acontecemento máis importante do seu reinado foi a perda do Norte de África que foi conquistada polos árabes entre 697 e 698. Unha flota bizantina enviada a defender a provincia e que foi derrotada, proclamou como emperador ao seu comandante Apsimar. Ao seu regreso a flota depuxo a un Leoncio, que fora incapaz de asentar o seu poder e Apsimar, que tomou o nome de Tiberio III substituíuno como emperador.

Leoncio foi mutilado e encerrado nun convento polo seu sucesor, onde viviu ata 705, cando Xustiniano II recuperou o trono e como vinganza polos sucesos de 695 mandou executalo.

Nota: Nalgunhas listas de emperadores bizantinos, o emperador Leoncio é nomeado como Leoncio II, debido a que no século V, durante o reinado de Zenón I houbo un usurpador ao trono que se chamou tamén Leoncio.

Imperio Bizantino

Segue a:
Xustiniano II
Leoncio II
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Dinastía dos Heráclidas