Calcáneo: Diferenzas entre revisións
m bot Modificado: fr:Calcaneus |
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Categoría:Ósos +[[Categoría:Esqueleto) |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
</gallery> |
</gallery> |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Esqueleto]] |
||
[[ca:Calcani]] |
[[ca:Calcani]] |
Revisión como estaba o 8 de marzo de 2009 ás 17:33
É o óso inferior da fila proximal do tarso. Ten unha forma cuboidea, con seis caras.
Cara superior
Delimita inferiormente o seo do tarso. Artéllase coa superficie inferior do astrágalo. Esta articulación presenta dúas zonas articulares: postero-externa e antero-interna. É unha dobre artrodia morfoloxicamente pero unha trocoide funcionalmente, con movementos de rotación. Presenta as insercións do ligamento calcáneo-cuboideo superior, o ligamento chave e o músculo plantar.
Cara inferior
Presenta unha serie de rugosidades para a inserción de elementos dos pé. Insértase o ligamento calcáneo-cuboideo inferior.
Cara posterior
Presenta unha rugosidade para o tendón de Aquiles na parte inferior. A parte superior relaciónase co paquete adiposo de Kaguet.
Cara anterior
Artéllase co óso cuboide nun encaixe recíproco perfecto.
Cara interna
Aparece unha tuberosidade para o ligamento tibio-calcáneo, que forma parte do plano superficial do ligamento lateral interno do nocello. Permite o paso dun paquete vasculo nervioso composto por: arteria tibial posterior, nervio tibial posterior e dúas veas satélite.
Cara externa
É unha zona de paso para os músculos peroneos laterais longo e curto.
-
Calcáneo esquerdo, superficie superior
-
Calcáneo esquerdo,superficie inferior
-
Calcáneo esquerdo,superficie interna