Óso cigomático: Diferenzas entre revisións
→Ángulo infero-externo: *masetero -->maseter |
→Ángulo infero-externo: arranxo ligazón interna |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
==Ángulo infero-externo== |
==Ángulo infero-externo== |
||
Relaciónase co músculo [[maseter]] |
Relaciónase co músculo [[músculo maseter|maseter]] |
||
O ángulo infero-interno atópase unido ó maxilar superior. |
O ángulo infero-interno atópase unido ó maxilar superior. |
Revisión como estaba o 13 de decembro de 2008 ás 00:01
O óso cigomático é un óso da faciana tamén coñecido como malar. Presenta dúas caras, catro bordos e catro ángulos. Articúlase tanto con ósos do cranio (frontal, temporal e esfenoide) coma con ósos da faciana (maxilar superior). É ademais un óso dobre.
Cara anterior
É unha superficie lisa, destinada á inserción de dous músculos da mímica: o cigomático maior e o menor.
Cara posterior
Forma parte da fosa cigomática. Relaciónase co músculo temporal
Bordo superior
Serve para articularse coa apófise orbitaria externa do frontal.
Bordo inferior
Articúlase co maxilar inferior.
Bordo anterior
É un punto bastante superficial do óso. Relaciónase coa bolsa adiposa de Bichat.
Bordo posterior
Articúlase coa apófise cigomática do temporal constituíndo o arco cigomático.
Ángulo supero-interno
Forma parte da parede externa da órbita.
Ángulo supero-externo
Relaciónase co músculo temporal.
Ángulo infero-externo
Relaciónase co músculo maseter
O ángulo infero-interno atópase unido ó maxilar superior.