O fillo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "The Son (2022 film)"
Liña 1: Liña 1:
{{Título en cursiva}}
{{Libro|nome=O fillo|tradutor=|autor=[[Ricardo Carballo Calero]]|ilustrador=|artista cuberta=|país=[[Galicia]]|lingua=[[Lingua galega|Galega]]|colección=|tema=|xénero=[[Teatro]]|editorial=Ediciós do Castro|páxinas=|id=|precedido por=|seguido por=|editor=}}
'''''O fillo'''''. ''Acción dramática en dous actos, o segundo dividido en dous cadros (1935)'' é unha peza teatral de [[Ricardo Carballo Calero]] publicada en Ediciós do Castro en [[1982]] <ref>{{Cita libro|título=Teatro completo|apelidos=Carballo Calero|nome=Ricardo|editorial=Ediciós do Castro|ano=1982|isbn=84-7492-116-3|ref=}}</ref>.

'''''O fillo''''' é un filme británico-franco-estadounidense de 2022 dirixido por [[Florian Zeller]] a partir dun guión escrito por el e [[Christopher Hampton]].
== Personaxes ==
[[Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer]]

[[Categoría:Filmes dirixidos por Florian Zeller]]
* Xoana
[[Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics]]
* Estrela
[[Categoría:Filmes de 2022]]
* Xenerosa
* O Crego
* Mari-Pepa
* A Descoñecida
* Florentina
* Rosalía
* Faustina
* Pilariña
* Pedriño
* Manueliño
* Froilanciño
* Pepiño
* O Galán
* A Virxe María
* O Anxo
* Coro de Nenos
* Coro de Anxos

== Desenvolvemento ==
A acción desenvólvese nun lugar do interior de Galicia, na época actual e en tempo de inverno.

'''Acto I'''.

Sala dunha casa fidalga aldeá. Os personaxes ollan para un nacemento de Nadal.

A señorita da Casa, Xoana, parola co crego e outras mulleres e meniños. Animan a Pilariña para que cante unha panxoliña:
{{cita|Cara a Belén, noite fría,
camiñando van os Reis.
Levan-lle dons ao Meniño
para lle quentar os pes.
Levan mirra, incenso e ouro.

Alma, levan-lle tamén
a mirra das tuas bágoas,
o incenso da tua prez,
o ouro do teu corazón;
que son os dons que máis quer{{Sfn|Carballo Calero|1982|p=14}}}}.
As mulleres e o crego tentan convencer a fidalga que debía casar e ter un home que a amparase, que debía ter fillos que a agarimasen; ademais non lle faltaron pretendentes ricos. Van marchando e escóitase un coro de nenos, despois un coro de anxos. Xoana cre ver a Virxe e un anxo cando escoita un choro de meniño na xanela, colle o rapaciño.

'''Acto II'''
* Cadro I. O mesmo escenario do 1º acto pero sen o nacemento.
Xoana cántalle ao meniño:
{{cita|Dorme, meniño, no teu berce;
dorme, que os montes están cheos de neve.
Dorme, meniño, no teu barrelo;
dorme , que os montes están cheos de medo.
Dorme, meu neno.

Dorme, que cando seja primavera,
ti choutarás polas floridas veigas.
Dorme, que cando seja o tempo florido,
ti choutarás polos verdes camiños.
Dorme, meniño{{Sfn|Carballo Calero|1982|p=24}}}}.
As criadas Xenerosa e Estrela falan do moito que Xoana quere o neno, do ben que o coida e se desvive polo seu fillo aínda que dubidan de que fose un milagre, máis ben sería froito dos amores dalgunha rapaza que o deixou na fiestra.

Entra Florentina co recado de que Mari-Pepa do Xestal está a morrer e quere ver o meniño. Lévanllo.

O Galán cántalle de amores a Estrela
{{cita|Galán.-Moza que estás na janela,
cara de cerdeira en flor:
hei-che mercar uns brinquiños
se queres ser meu amor.

Estrela.-Pra se eu o teu amor,
terias-me de traguer
unha ialma a suspirar
e un corazón a tremer{{Sfn|Carballo Calero|1982|p=28-29}}}}.

* Cadro II. A mesma decoración.
Xenerosa aclara que Mari-Pepa quería ver o meniño porque era a súa nai. Resulta que coma tantas veces unha moza foi servir, perdeuna un xurafás, tivo o meniño nun alpendre e deixouno na xanela da fidalga ao ver luz.

Agora Xoana xa non recoñece o meniño como fillo, non quere saber del nin coidalo coma antes, perdeuno; que se encargue Estrela dos seus coidados. Xenerosa tenta convencela de que o queira igual. O mesmo fai o crego pero Xoana ata dubida de Deus.

Entra “A Descoñecida” e dialoga con Xoana, a Descoñecida é un desdobramento dela mesma de cando era moza. Nese diálogo vaise resolver o problema do meniño.

Remata a obra entrando Estrela para atender o rapaz.

==Características==
Este drama de mulleres que aborda o tema da maternidade virxinal<ref>{{Cita web|url=https://adiante.gal/carvalho-calero-na-historia-do-noso-teatro/?fbclid=IwAR0yQ3KyKlb0Vr-bQNgmu2EwCkajhjvYK9KcWoZYFdjQAKz5jzD1MeMmSxY|apelidos=Rabuñal|nome=Henrique|páxina-web=adiante.gal|título=Carvalho Calero na historia do noso teatro|data-acceso=17/10/2018}}</ref> foi galardoado en [[1947]] co Premio de teatro Castelao en [[Buenos Aires]] e nel hai referencias mítico-simbólicas e xogo de contrarios, características da obra de Carballo Calero<ref>{{Cita libro|título=Historia da Literatura Galega. 33. O silencio interior (1940-1950)|apelidos=Villamayor|nome=Sindo|editorial=Ed. A Nosa Terra|ano=1996|ISBN=84-89679-05-3|páxina=1037|ref=}}</ref>.

O propio autor deixou a súa opinión:
{{cita|É unha obra que nen desde o punto de vista da escenografía nen desde o punto de vista da conduta das personaxes rexistra rasgos simbólicos nen expresionistas. Un certo simbolismo hai, se cadra, pero desenvólvese dentro dunha realización realista e neste sentido creio que dependo da técnica realista que naquela época reinaba no teatro español... En realidade é o tema da virxen mai, da maternidade virxinal o que trababa en "O fillo". Hoxe esa obra non me satisfai, porque a personaxe de Xoana, que me atraíu nun determinado momento, hoxe me parece monstruosa; de maneira que hoxe non tería feito esa obra<ref>{{Cita libro|título=Conversas con Carballo Calero|apelidos=Blanco|nome=Carmen|editorial=Galaxia|ano=1989|ISBN=84-7154-654-X|páxina=258-261|ref=}}</ref>.}}

E engade:

{{cita|A obra presenta-nos un movimento cénico, por exemplo, ao final dun cadro, en que unha moza atende a un neno que está no berce, e ao mesmo tempo ou alternativamente realiza un parrafeo cun mozo que desde fóra da casa a galanteia; ese movimento é claramente un médio de expresón que devemos ver, tipicamente cénico, tipicamente teatral. E por outra banda, nesa mesma peza, se dá un desdobramento dunha personaxe: hai unha figura feminina -a principal da peza-, Xoana, que dialoga consigo mesma cara o final da obra. A mesma cena final, en que hai un berce cun neno e duas mulleres, unha a cada lado, está concebida plasticamente<ref>{{Cita libro|título=Conversas en Compostela con Carballo Calero|apelidos1=Fernán-Vello|nome1=M.A.|apelidos2=Pillado Mayor|nome2=F. |editorial=Sotelo Blanco|ano=1986|ISBN=84-86021-32-4|páxina=112|ref=}}</ref>.}}Para [[Henrique Rabuñal]]:<ref>{{Cita libro|título=Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra|apelidos=Rabuñal|nome=Henrique|editorial=Galaxia|ano=2020|ISBN=978-84-9151-436-7|ref=|páxina=146}}</ref>{{cita|É un drama de mulleres con unidade de lugar... que aborda o tema da maternidade virxinal... Xa nesta obra fican anotados algúns dos elementos do teatro caleriano: coidada estrutura, lingua modélica, abundancia de personaxes e conflitos femininos, incorporación de partes líricas, parellas de personaxes, tensión entre a realidade e a ilusión, suspensión das estratexias realistas e aquí un final feliz}}

== Notas ==
{{Listaref|30em}}

{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:fillo, O}}
[[Categoría:Obras literarias de 1982]]
[[Categoría:Obras literarias de Carballo Calero]]
[[Categoría:Obras de teatro en galego]]

Revisión como estaba o 15 de setembro de 2023 ás 13:13

O fillo é un filme británico-franco-estadounidense de 2022 dirixido por Florian Zeller a partir dun guión escrito por el e Christopher Hampton.