Catalán en Andorra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Sen resumo de edición
Etiqueta: Revertida
Liña 1: Liña 1:
O [[lingua catalá|catalán]] é a [[lingua]] propia e a única oficial do Principado de [[Andorra]], practicamente ata ben entrado o [[século XX]] era a única lingua de uso coloquial no país, o [[lingua latina|latín]] e máis tarde o [[lingua francesa|francés]] e o [[lingua castelá|castelán]] eran as linguas utilizadas no ensino. O cambio na composición da poboación, en 1940 o 17% da poboación era estranxeira, e 1989 o 76% e en 2004 o 67%, fixo que a poboación autóctona, e a súa lingua, pasara a ser minoría. A maioría dos estranxeiros son españois, o 44%, principalmente de lingua castelán, pero tamén unha parte importante son de lingua catalá e [[lingua galega|galega]]; o 11‰ son portugueses, de lingua materna [[lingua portuguesa|portuguesa]] e o 7% franceses, na súa gran maioría de lingua francesa porén hainos tamén de lingua catalá.
O [[lingua catalá|catalán]] é a [[lingua]] propia e a única oficial do Principado de [[Andorra]], practicamente ata ben entrado o [[século XX]] era a única lingua de uso coloquial no país, o [[lingua latina|latín]] e máis tarde o [[lingua francesa|francés]] e o [[lingua castelá|castelán]] eran as linguas utilizadas no ensino. O cambio na composición da poboación, en 1940 o 17% da poboación era estranxeira, e 1989 o 76% e en 2004 o 67%, fixo que a poboación autóctona, e a súa lingua, pasara a ser minoría. A maioría dos estranxeiros son españois, o 44%, principalmente de lingua castelán, pero tamén unha parte importante son de lingua catalá e [[lingua asturiana|asturiana]]; o 11‰ son portugueses, de lingua materna [[lingua portuguesa|portuguesa]] e o 7% franceses, na súa gran maioría de lingua francesa porén hainos tamén de lingua catalá.
Segundo a enquisa de usos lingüísticos de Andorra de 2004 [https://web.archive.org/web/20091007232815/http://www20.gencat.cat/docs/Llengcat/Documents/Dades%20origen%20territori%20i%20poblacio/Altres/Arxius/eulandorra2004.pdf] o 31.4% da poboación ten o catalán como lingua inicial e o 43.8% utilízaa como lingua habitual.
Segundo a enquisa de usos lingüísticos de Andorra de 2004 [https://web.archive.org/web/20091007232815/http://www20.gencat.cat/docs/Llengcat/Documents/Dades%20origen%20territori%20i%20poblacio/Altres/Arxius/eulandorra2004.pdf] o 31.4% da poboación ten o catalán como lingua inicial e o 43.8% utilízaa como lingua habitual.



Revisión como estaba o 22 de xullo de 2023 ás 12:26

O catalán é a lingua propia e a única oficial do Principado de Andorra, practicamente ata ben entrado o século XX era a única lingua de uso coloquial no país, o latín e máis tarde o francés e o castelán eran as linguas utilizadas no ensino. O cambio na composición da poboación, en 1940 o 17% da poboación era estranxeira, e 1989 o 76% e en 2004 o 67%, fixo que a poboación autóctona, e a súa lingua, pasara a ser minoría. A maioría dos estranxeiros son españois, o 44%, principalmente de lingua castelán, pero tamén unha parte importante son de lingua catalá e asturiana; o 11‰ son portugueses, de lingua materna portuguesa e o 7% franceses, na súa gran maioría de lingua francesa porén hainos tamén de lingua catalá. Segundo a enquisa de usos lingüísticos de Andorra de 2004 [1] o 31.4% da poboación ten o catalán como lingua inicial e o 43.8% utilízaa como lingua habitual.

Marco xurídico

Andorra é o único territorio de catalanófono no que o catalán non comparte oficialidade con outra lingua, a constitución andorrana de 1993 declara no seu artigo 2.1 ao catalán como a lingua oficial do Estado, que se regula pola Lei de ordenación do uso da lingua oficial do 16 de decembro de 1999 que ten como obxectivo que o catalán sexa a lingua de uso xeral e de expresión colectiva da sociedade andorrana. Todos os andorranos teñen o deber de coñecer o catalán e non só existe o deber de atender en catalán para as administracións públicas senón tamén para os profesionais liberais e os seus colexios profesionais e máis tamén para as organizacións empresariais.

Ensino

Andorra conta con tres sistemas educativos diferentes, o andorrano, o español e o francés. O catalán é materia obrigatoria nos tres sistemas pero tan só é lingua vehicular no sistema andorrano e nas escolas relixiosas do sistema español. No curso 2005/06 un 33.48% dos alumnos matriculáronse no sistema andorrano e un 32.82% no español, no entanto o sistema francés segue a ser o de máis alumnos inscritos cun 33.7%

Medios de comunicación

Os medios de comunicación andorranos empregan como única lingua vehicular o catalán, o ente público Ràdio i Televisió d'Andorra opera Andorra Televisió e Ràdio Nacional d'Andorra exclusivamente en catalán. Na TDT andorrana pódense ver ademais as canles públicas da televisión catalá. No país existen dous diarios de pago Diari d'Andorra e el El Periodic d'Andorra e dous gratuítos Bon dia e Més Andorra integramente en catalán.