Ruth Yeoh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRuth Yeoh
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Kuala Lumpur, Malaisia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMalaisia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nottingham (pt) Traducir
Bayes Business School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista , filántropa , empresaria , activista climática Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiRosaline Yee Hing Yeoh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Ruth Yeoh Pei Cheen, nada en Kuala Lumpur, é unha empresaria, filántropa e ambientalista malaisia. Actualmente é a directora executiva de YTL Singapur e directora da consultoría de mecanismos de desenvolvemento limpo e créditos de carbono de YTL Corporation. É coautora de Cut Carbon, Grow Profits: Business Strategies for Managing Climate Change and Sustainability.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Yeoh é a filla máis vella do multimillonario malaisio Tan Sri Dato' Francis Yeoh e de Puan Sri Datin Paduka Rosaline Yeoh.[1][2][3] O seu avó paterno foi Tan Sri Dato' Seri Yeoh Tiong Lay, o fundador de YTL Corporation. É a irmá máis vella de Rebekah Yeoh e a prima irmá de Rachel Yeoh e Michelle Yeoh. Licenciouse en Arquitectura na Universidade de Nottingham e ten unha licenciatura en Administración da Cass Business School da Universidade da City de Londres.[4][5] É cristiá practicante e expresou que a súa fe é parte da inspiración para o seu traballo para a sosteniblilidade e o medio ambiente.[6] Está casada con Kenneth Khaw.

Yeoh comezou a traballar para a empresa da súa familia, a YTL Corporation, en 2005, onde traballa como directora executiva da sucursal de Singapur e dirixe a división de sostibilidade.[7] Puxo en marcha a Climate Change Week (Semana do cambio climático), un programa educativo emblemático deseñado para crear conciencia sobre o cambio climático e os seus efectos tanto en Malaisia como no resto do mundo. En 2015, fundou coa súa irmá Rebekah Recyclothes, un proxecto solidario de moda sustentable.[8] Desde ese ano, Yeoh formou parte do Consello de Administración da Kew Foundation para apoiar os Royal Botanic Gardens. Tamén é membro da Xunta de Asesores da Asociación de Malaisia en Singapur, membro da xunta de Gardens by the Bay e membro da xunta do Comité Executivo de Nacións Unidas para Mulleres de Singapur.

Yeoh é embaixadora de boa vontade da Fundación Dignity for Children. Ademais, é membro do Consello Empresarial para a Sostibilidade e Responsabilidade de Malaisia e membro investidor do Fondo Asiático de Enerxía Renovable e Medio Ambiente e do Fondo de Enerxía Renovable e Medio Ambiente. Tamén é membro da xunta de Reef Check Malaysia e membro da Asia 21 Young Leaders Initiative da Asia Society.[4]

Escribiu para The Wall Street Journal e o Financial Times e, en 2007, coeditou e escribiu un libro sobre o cambio climático chamado Cut Carbon, Grow Profits: Business Strategies for Managing Climate Change and Sustainability.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2008, foi nomeada membro da xunta de Rare Conservation. Foi galardoada cun Premio de Prata en Liderado de CSR (Responsabilidade Social Corporativa) nos Global CSR Summit Awards en 2011. En 2012, foi galardoada co Regional Singapore Environmental Achievement Award de Singapur polo Singapore Environmental Council. En 2013, tras recibir o premio o ano anterior, foi membro do comité para os mesmos premios e foi seleccionada como Líder Mozo do Cume Mundial de Cidades de 2014. Ese mesmo ano, Yeoh recibiu o Premio GreenTech como un dos 30 mellores Green Catalysts de Malaisia. En 2015, o seu nome foi incluído entre os 12 da lista de mulleres empresarias máis poderosas de Asia elaborada por Forbes e foi incluída como unha dos seus "Heroes da filantropía" polo seu traballo en conservación e desenvolvemento sustentable.[1] Foi galardoada co Premio Alumni Laureate pola Universidade de Nottingham en 2017.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Ruth Yeoh 32 (Singapore)". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 06 de maio de 2021. 
  2. "YTL's Ruth Yeoh among Asia's powerful businesswomen - Nation - The Star Online". 
  3. http://www.ytl.com/sustainability/shownews.asp?newsid=64022
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "RUTH YEOH". World Cities Summit. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2018. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  5. "12 Children & Grandchildren of MALAYSIAN TYCOONS You'd Want To Meet". 25 de xullo de 2012. 
  6. ""Being an environmentalist isn't a choice", says Ruth Yeoh, YTL". 7 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 06 de maio de 2021. 
  7. Liza Tan, Executive Producer (11 de maio de 2016). "How 20-plus Yeohs work happily together at the family mega-firm". 
  8. "Ruth Yeoh Archives - FirstClasse".