Julio Castelo Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Castelo Pérez
Biografía
Nacemento1916 Editar o valor em Wikidata
Mariz, España Editar o valor em Wikidata
Morte1984 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Julio Castelo Pérez, nado en Mariz (Guitiriz) en 1916 e finado en Lugo en 1984, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo do que era cura da parroquia de Mariz. Aos poucos meses de nacer, a súa nai refixo a vida casando e a raíz do matrimonio desentendeuse do neno, que foi criado por uns curmáns. De ideas comunistas, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse nos montes da parroquia. Delatado por un chivato xunto con outros fuxidos, foi xulgado na Coruña por traizón e condenado a cadea perpetua. Ingresou na prisión de San Cristóbal en febreiro do 1937. Participou na fuga do cárcere xunto a outros 800 reclusos. Conseguiu a prisión atenuada en agosto do 1940. Volveu a súa terra onde formou unha familia. Morreu dun ataque o corazón no Hospital Xeral de Lugo en 1984.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]