Escumadeira
Aparencia
A escumadeira,[1] espumadeira,[2] revolvedeira,[3] viradeira[4] ou volvedoira[5] é un utensilio de cociña empregado para sacar os alimentos fritos ou cocidos do interior da tixola ou cazo, aínda que tamén se emprega este instrumento para des-escumar caldos, e de aí provén o seu nome. Consta dun longo mango e unha especie de cazoleta en forma de paleta, moi aberta, e con orificios na súa superficie para que ao sacar os alimentos sólidos os líquidos se escorran polos buracos. É moi empregada na elaboración de alimentos fritos (patacas fritidas, croquetas etc.) nos que convén sacalos da fritura a medida que van dourándose polo efecto da calor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escumadeira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para espumadeira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para revolvedeira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para viradeira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para volvedoira.