Escudo de Guipúscoa
A versión actual do escudo de Guipúscoa foi aprobada pola Norma Foral 6/1990, de 27 de marzo de 1990 , sobre signos de identidade do Territorio Histórico de Guipúscoa.
Descrición
[editar | editar a fonte]Nun campo de ouro, tres árbores de sinople (verde), colocados en faixa sobre ondas de auga de prata e azur (azul). Sosteñen o escudo dous salvaxes, en pé, ao natural, vestidos cun pano de prata. Debaixo da punta do escudo aparece escrita nunha cinta de prata a lenda: "FIDELISSIMA BARDULIA NUNQUAM SUPERATA" ("Bardulia a máis fiel, nunca conquistada"), escrita en letras de sabre (negro). Ao timbre coroa ducal, que é un círculo de ouro engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns, visibles cinco, interpoladas de perlas.
As árbores representadas no escudo son teixos.
Uso
[editar | editar a fonte]Emprégase con moita frecuencia unha versión simplificada do escudo, sen os adornos exteriores e cos elementos do brasón representados esquematicamente.
No ano 1979 as Xuntas Xerais de Irmandade, antecedentes das actuais Xuntas Xerais de Guipúscoa, modificaron as armas tradicionais de Guipúscoa, empregadas desde 1466, ao retirar dúas divisións nas que figuraban un monarca coroado sentado nun trono, que podería tratarse de Afonso VIII de Castela ou Henrique IV, e doce canóns. En 1513 a raíña Xoana de Castela ordenou que se incorporase nas armas de Guipúscoa unha nova división na que aparecían representados doce canóns que simbolizaron os que foron capturados por tropas guipuscoanas nas batallas de Belate e Elizondo en 1512.