Esciro
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | Decentralized Administration of Thessaly and Central Greece (en) | ||||
Periferias | Grecia Central | ||||
Unidades periféricas | Eubeia (pt) | ||||
Concello | Skyros Municipality (en) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 209 km² | ||||
Bañado por | Mar Exeo | ||||
Altitude | 792 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 340 07 | ||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | skyros.gr |
Esciro ou Esciros (Skyros ou Scyrus, Σκύρος) é unha illa grega do mar Exeo, unha das Espóradas, ao leste de Eubea na ruta cara ao Ponto. Está formada por dúas partes (norte e sur) dividida por un istmo.
Antigamente tiña unha cidade co mesmo nome e un río chamado Cefiso. A capital aínda leva o nome de Skyros ou Chora e está ao nordés (antes chamábase San Xurxo). A súa superficie é de 215 km² e a poboación de 3.000 habitantes. A altura máxima está no monte Kokhilas, na parte sur con 793 metros. Nas proximidades hai 32 illas e illotes. O porto de Linaria está no suroeste. Na parte norte está o monte Olimpo con 399 metros.
Historia
[editar | editar a fonte]Tucídides menciona que a illa estaba habitada polos dólopes e foi conquistada por Cimón logo das Guerras Médicas, en (-469), xa que un oráculo ordenara en -476 levar os ósos de Teseo desde a illa a Atenas. Efectivamente, os supostos ósos foron levados a Atenas e gardados no Teseion. Cimón expulsou os dólopes e estabeleceu colonos atenienses e desde entón foi vista como parte de Atenas e ata na paz de Antálcidas recoñecida como parte inseparable de Atenas xunto con Lemnos e Imbros.
Os macedonios apoderáronse dela en -240, pero os romanos obrigaron a Filipo V de Macedonia a retornar a illa a Atenas no tratado de paz de -196.
Permaneceu en mans romanas e bizantinas ata 1205 cando foi ocupada polos venecianos e gobernada polos Ghisi e os Tiépolo ata que cara a 1390 foi ocupada polos otománs, pero os bizantinos recuperárona pouco despois e conservárona ata 1453. Neste ano púxose baixo protección de Venecia. Os turcos ocupárona en 1538. Volveu a mans de Grecia en 1830.
Clima
[editar | editar a fonte]Skyros ten un clima mediterráneo con invernos suaves e veráns agradables.
Datos climáticos para Skyros airport | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 12,3 | 12,7 | 14,1 | 17,7 | 22 | 26,3 | 27,9 | 27,6 | 24,7 | 20,8 | 17,2 | 13,9 | 19,77 |
Media mínima en °C | 7,4 | 7,4 | 8,7 | 11,4 | 15 | 19,3 | 21,7 | 21,7 | 18,8 | 15,5 | 12 | 9,1 | 14 |
Precipitación media mm | 70,6 | 55,3 | 49,9 | 24,3 | 15,4 | 6,5 | 5,9 | 8,4 | 19,4 | 36,7 | 54,6 | 81,1 | 428,1 |
[Cómpre referencia] |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esciro |