Escipión (conde)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Escipión.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Escipión é o nome dun dos nobres ou condes (comes) galegos que no ano 842 axudaron a Ramiro I na guerra contra o seu opositor ovetense, Nepociano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A Crónica de Afonso III ofrece unha brevísima información, pola cal este nobre xunto con outro chamado Sonna terían capturado a Nepociano na rexión de Primorias (preto de Pravia, centro de Asturias) tras ser derrotado na batalla de Cornellana (842) para despois ser presentado a Ramiro I, quen perdoándolle a vida, con todo o cegaría para evitar unha posible rebelión, pechandoo nun mosteiro, aínda hoxe descoñecido.