Saltar ao contido

Escaravello acuático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Escaravellos acuáticos»)
Adulto do escaravello acuático Dytiscus marginalis.
Larva do escaravello acuático Dytiscus marginalis.

Escaravello acuático é un nome xeral que se lle dá a calquera escaravello que estea adaptado a vivir na auga en calquera momento do seu ciclo de vida. A maioría dos escaravellos acuáticos só poden vivir en auga doce, e só unhas poucas especies son mariñas e viven na zona intermareal ou na zona litoral. Hai aproximadamente 2000 especies de verdadeiros escaravellos acuáticos nativos de terras de practicamente todas as partes do mundo.[1]

Moitos escaravellos acuáticos transportan burbullas de aire, nas chamadas cavidades dos élitros, baixo o seu abdome, que lles proporcionan unha subministración de aire para respirar, e impiden que a auga entre nos seus espiráculos.[2] Outros teñen a superficie do seu exoesqueleto modificada para formar un plastrón, ou "branquia física", que lles permite facer un intercambio directo de gases coa auga. Algunhas familias de escaravellos acuáticos teñen patas posteriores con flecos adaptadas para nadar, pero a maioría non. A maioría das familias de escaravellos acuáticos teñen larvas que son tamén acuáticas; outras moitas teñen larvas acuáticas pero adultos terrestres.[3][4]

Poden ser herbívoros, predatores ou preeiros, segundo a especie. Os herbívoros comen só vexetación acuática, como algas ou follas. Poden ás veces zugar os zumes dos talos das plantas. Os preeiros aliméntanse de materia orgánica en descomposición que se depositou na súa contorna, e que pode proceder de vexetación acuática, feces, ou de pequenos organismos mortos.[5] O Dytiscus marginalis, que é predator, aliméntase de vermes, cágados e ás veces mesmo de pequenos peixes.[6]

Familias nas cales todas as especies son acuáticas en todas as etapas da súa vida :

Familias nas cales os adultos non son necesariamente acuáticos:

  1. "Water Beetle: pictures, information, classification and more". www.everythingabout.net. 
  2. "Water Beetle - Facts, Information & Pictures". 
  3. Peckarsky, Barbara Lynn (1990). Freshwater macroinvertebrates of northeastern North America. the University of Michigan: Comstock Pub. Associates. ISBN 0801420768. 
  4. McCafferty, W. Patrick (1983). Aquatic Entomology: The Fishermen's and Ecologists' Illustrated Guide to Insects and Their Relatives. Jones & Bartlett Learning. ISBN 9780867200171. 
  5. "404 | EcoSpark". www.ecospark.ca. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 01 de setembro de 2019. 
  6. "Great Diving Beetle | The Wildlife Trusts". www.wildlifetrusts.org. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]