Es Freus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Illas e illotes de Es Freus.

Es Freus é o estreito que separa as illas de Eivissa e Formentera, no arquipélago balear, constituído por varios pasos separados por illotes. A distancia total, entre a punta meridional de Eivissa e a illa de s'Espalmador, é de 6,3 km. É o paso obrigado entre o porto de Eivissa e o de La Savina, en Formentera, e de Eivissa cara a poñente.

O nome procede do latín fretu, que significa "estreito". Antigamente, e de certo uso entre os formenterenses, chamábase ses Portes. Toda a zona forma parte da reserva mariña do Parque Natural de ses Salines. Trátase dunha zona desprotexida dos ventos, con pouca profundidade e con correntes de irregular dirección e intensidade. Os grandes temporais, especialmente de poñente e gregal, converten Es Freus nun paso de navegación difícil e motiva a incomunicación de Formentera nalgunhas épocas do ano. Ao longo da historia producíronse varios naufraxios.

Os pasos que forman Es Freu son:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 38°48′26.44″N 1°24′53.4″L / 38.8073444, -1.414833