Entrada de touros e cabalos
Entrada de touros e cabalos | |
---|---|
![]() | |
Tipo | festa ![]() |
Patrimonio Cultural | |
Festas de interese turístico internacional de España | |
Localización | |
Localización | Segorbe ![]() |
Coordenadas | 39°51′07″N 0°29′23″O / 39.8519, -0.4896 |
Situado en | Comunidade Valenciana ![]() |
País | España ![]() |
[ Wikidata ] |
A entrada de touros e cabalos é unha festa popular de Segorbe, vila da provincia de Castelló.
Características
[editar | editar a fonte]Foi declarada de interese turístico internacional, é o acto máis relevante da semana taurina da vila. Ten lugar durante toda a semana do segundo sábado de setembro.
A orixe da festa está no costume de levar os touros á praza dende os currais situados no río, a máis dun quilómetro da vila. A excepcionalidade do festexo outórgaa o feito de axudarse de cabalos para guiar aos touros e a ausencia de barreiras para conter aos animais converténdose o público nun auténtico muro que impide a súa fuga. Isto fai que o escaso minuto que tardan os animais en percorrer a distancia que media entre a torre do Botxí e a praza sexa dunha gran beleza plástica non exenta de certo perigo.