Enneagrama
Na xeometría, un enneagrama (do grego ἐννέα, ennéa, «nove», e γράμμα, grámma, «trazo») é unha estrela de nove puntas, chamada tamén nonagrama.
Enneagrama regular
[editar | editar a fonte]Un enneagrama regular (un polígono estrelado de nove lados) é construído utilizando os mesmos puntos que un enneágono regular pero conectado en pasos fixos. Ten dúas formas, representadas por un símbolo de Schläfli como {9/2} e {9/4}, conectando cada segundo e cuarto puntos respectivamente.
Existe tamén unha figura estrelada, {9/3} ou 3{3}, feita a partir dos puntos dun enneágono regular pero conectados como un composto de tres triángulos equiláteros.[1][2] (Se os triángulos están entrelazados de maneira alternada, resulta nun enlace Brunniano.) Esta figura estrelada é coñecida en ocasións como a estrela de Goliat, sendo {6/2} ou 2{3} a estrela de David.[3]
Grafo completo K9 |
Enneágono {9/1} |
Polígono estrelado {9/2} |
Figura estrelada 3{3} |
Polígono estrelado {9/4} |
Outras figuras de enneagramas
[editar | editar a fonte]O estrelamento final do icosaedro ten caras de enneagrama. É un poliedro estrelado 9/4, pero os vértices non están igualmente espazados. |
O Enneagrama da Personalidade e o enneagrama do Cuarto Camiño utilizan un enneagrama irregular que consiste nun triángulo e un hexagrama irregular. |
A estrela de nove puntas bahá'í. |
Uso na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Slipknot, unha banda de heavy metal, utiliza o enneagrama da figura estrelada |9/3| como o seu símbolo. [1] Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- A estrela de nove puntas pode simbolizar os nove regalos ou froitos do espírito santo.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grünbaum, B. e G. C. Shephard; Tilings and Patterns, New York: W. H. Freeman & Co., (1987), ISBN 0-7167-1193-1.
- ↑ Grünbaum, B.; Polyhedra with Hollow Faces, Proc of NATO-ASI Conference on Polytopes ... etc. (Toronto 1993), ed T. Bisztriczky et al., Kluwer Academic (1994) pp. 43-70.
- ↑ Weisstein, Eric W. "Nonagram". From MathWorld - A Wolfram Web Resource. http://mathworld.wolfram.com/Nonagram.html
- ↑ Our Christian Symbols by Friedrich Rest (1954), ISBN 0-8298-0099-9, páxina 13.