Encoro de Ilısu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do encoro de Ilısu dentro de Turquía

O encoro de Ilısu é un encoro de coieira con pantalla de formigón sobre o Tigris, próximo á aldea de Ilısu e entre os límites da provincia de Mardin coa de Şırnak en Turquía. É unha das 22 presas do Proxecto do Sueste de Anatolia e o seu propósito é a produción de enerxía hidroeléctrica, o control de alagamentos e mais o almacenamento de auga. Cando estea operativa, a presa suportará unha estación hidroeléctrica de 1.200 MW e formará un pantano de 10.4 mil millóns de m3. A súa construción principiou en 2006 e o remate estaba previsto para 2016[1][2]. O encoro suscitou controversia internacional [3] xa que alagará parte da antiga vila Hasankeyf, rica en tesouros arqueolóxicos, e vai precisar a recolocación dos habitantes da rexión. Por estes motivos perdeu o financiamento internacional en 2009[4]. O PKK kurdo atacou a infraestrutura asociada coa súa construción, o que levou á dilación da construción.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ilısu Project Target 2014". Haberler. 17 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 03 de xuño de 2018. 
  2. Gusten, Susanne (30 de marzo de 2011). "Court Case Could Slow Turkish Dam Project". New York Times. 
  3. "Naufrage annoncé sur les eaux du Tigre turc", Le Figaro, 3 de xuño de 2016
  4. "Governments withdraw financial support for Ilisu dam in Turkey", Amnesty International, 7 de xuño de 2009