Emilio Gutiérrez del Arroyo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Santiago de Compostela, España |
Morte | 10 de xaneiro de 1971 Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, músico, político |
Emilio Gutiérrez del Arroyo Fuentes, nado en Santiago de Compostela e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 1971,[1] foi un profesor, músico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Emilio Gutiérrez del Arroyo Cebreiro, comerciante en Compostela. Cego. Colaborou en El Compostelano[2] e El Pueblo Gallego.[3] Foi nomeado profesor de música do Colexio Nacional de Xordomudos e Cegos de Santiago de Compostela en 1923.[4] Compuxo música de cuplés,[5] e puxo música á zarzuela De volta a terriña de Carlos Neira Villamil.[6] Pertenceu ao Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega e colaborou no seu órgano Galicia Federal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo como profesor da Escola de Xordomudos en novembro.[7] No franquismo foi delegado da ONCE en Compostela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoja Oficial del Lunes, 11-1-1971, p. 8.
- ↑ "Los ciegos y el Estado español", El Compostelano, 22-11-1921, p. 1-2.
- ↑ "Orientaciones artísticas. Música gallega", El Pueblo Gallego, 30-1-1924, p. 12.
- ↑ El Compostelano, 4-1-1923, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-6-1924, p. 8.
- ↑ El Eco de Santiago, 18-10-1927, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-11-1936, p. 6.