Saltar ao contido

Emblema de Corea do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo oficial

O emblema de Corea do Norte instituído en setembro de 1948 é un símbolo oficial da República Popular Democrática de Corea.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O escudo nacional, que forma un marco oval, leva no seu parte superior o Monte Paektu, considerado en Corea do Norte un lugar santo, e é coroado por unha estrela vermella de cinco puntas en representación do Estado socialista. No centro do escudo, unha central eléctrica hidráulica coas espigas de arroz reflicte a forza da industria e a agricultura do país, e a determinación do pobo norcoreano por avanzar cara ao socialismo e o comunismo cunha economía autosuficiente. O marco está delimitado por unha cinta vermella que leva a inscrición Chosŏn Minjujuŭi Inmin Konghwaguk (República Popular Democrática de Corea) en caracteres Hangul.