Elías I do Maine
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI Francia |
Morte | 11 de xullo de 1110 Francia |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde |
Cónxuxe | Beatriz de Poitiers Mathilda of Château-du-Loire |
Fillos | Ermengarda do Maine () Mathilda of Château-du-Loire |
Pai | Jean de Beaugency |
Elias I do Maine, nado no século XI e finado o 11 de xullo de 1110, tamén coñecido como de la Flèche ou de Baugency, foi conde do Maine, sucedendo ao seu curmán Hugo V do Maine.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Xoán de la Flèche e Paula, filla de Herberto I, conde do Maine. En 1092 o seu curmán Hugo V vendeulle o Maine por 10.000 xilins. Co apoio de Fulque IV o Tiburón continuou a guerra con Roberto II de Normandía. Despois de que Roberto II marchase para a Primeira Cruzada, Elías fixo a paz con Guillerme II, o rexente de Roberto en Normandía.
Familia
[editar | editar a fonte]En 1090 Elías casou con Matilde, filla de Xervasio II de Château-du-Loir.[1] Tiveron unha filla, Ermengarda, casada con Fulque V de Anjou[2].
En 1109, segundo Orderico Vitalis, Elías casou de novo con Inés, filla de Guillerme VIII de Aquitania, despois de que o matrimonio desta con Afonso VI de León fose anulado por consanguinidade.[3] Elías morreu ao ano seguinte.[3] Segundo Jaime de Salazar y Acha, quen casou con Elías non foi Inés, senón a última esposa do rei Afonso VI, Beatriz de Poitiers, tras quedar viúva.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Detlev Schwennicke, Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, Band III Teilband 4 (Verlag von J. A. Stargardt, Marburg, Germany, 1989), Tafel 692
- ↑ Vitalis 1854, p. 223.
- ↑ 3,0 3,1 Vitalis 1854, p. 276.
- ↑ Salazar y Acha & 1992-1993, p. 329.