Elvira García Piñeiro
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Elvira García Piñeiro | |
---|---|
Nome completo | Elvira García Piñeiro |
Nacemento | 1967 |
Pontevedra | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | avogada e política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Elvira María García Piñeiro, nada en Pontevedra en 1967, é unha avogada e política galega, deputada autonómica na Asemblea de Madrid por Unión Progreso y Democracia (UPyD) durante a IX Lexislatura (2011-2015).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a avogacía dende 1994 en Santiago e Madrid dedicándose inicialmente ó dereito comunitario e á arbitraxe, e especializada en Dereito privado.
Foi membro da Asociación Pro Dereitos Humanos, a cal abandonou en 1992 trala defensa da Lei Corcuera por parte dalgúns dos fundadores da asociación.
É membro de Unión Progreso y Democracia (UPyD) dende setembro de 2007, tratando os temas xurídicos relacionados co partido; así mesmo, é membro do Consello de Dirección e do Consello Político do partido.
Tralas eleccións autonómicas de 2011 é elixida deputada na Asemblea de Madrid, sendo voceira adxunta segunda do Grupo Parlamentario de Unión Progreso e Democracia e voceira do seu grupo na Comisión de Presidencia e Xustiza e na Comisión de Vixilancia das Contratacións.