electric eels realizaron só cinco actuación públicas, pero durante a súa curta existencia gañáronse unha reputación a nivel local pola súa actitude furiosa e violenta. Destacaron por iniciar pelexas co público que atraeron a atención da policía. O seu estilo foi unha amálgama discordante e ruidosa de garage rock e free jazz. Stiv Bators, o vocalista de The Dead Boys, viuse particularmente influenciado polo estilo vocal e a posta en escena de Dave "E" McManus.
Aínda que a banda non fixo moitos concertos adoitaban a ensaiar con frecuencia e fixeron moitas gravacións que foron editadas moitos anos despois da súa disolución.