El cielo no entiende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«El cielo no entiende»
sinxelo de OBK
do álbum Antropop
Lanzamento 2000
Formato
Gravada 2000
Xénero musical Pop
Lingua(s) Castelán
Duración 3:49
Discográfica Hispavox
Produtor(es)
Escritor(es)
Cronoloxía
«Tú sigue así» «El cielo no entiende» «Falsa moral»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

El cielo no entiende é unha canción do dúo musical español OBK, incluída no seu álbum de estudio Antropop.

Descrición[editar | editar a fonte]

Entendida polos seus autores como unha expresión de liberdade, tolerancia e respecto cara aos demais,[1] a canción relata as dificultades dunha relación sentimental entre persoas do mesmo sexo.[2]

A canción tomouse como banda sonora da emisión en televisión da Volta ciclista a España 2000,[3] e foi número 1 de Los 40 Principales a semana do 9 de setembro dese mesmo ano.

Conta cunha versión tecno remesturada de 4:40 minutos e outra de 8:15, ambas as dúas incluídas no álbum Extrapop (2001).

A canción foi versionada pola presentadora de televisión Verónica Mengod no programa Telepasión española emitido o 24 de decembro de 2000 e polo humorista Raúl Pérez no espazo Tu cara me suena en 2018.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Mundo, ed. (27 de setembro de 2005). "Encuentros digitales" (en castelán). 
  2. "LGTB: Los hits del Orgullo que han desterrado (por fin) a 'Despacito' de los bares". AS.com (en español). 26 de xuño de 2017. Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  3. Diario ABC, ed. (17 de xuño de 2000). "OBK: Canciones pop vestidas con sintetizadores" (en castelán).