El Sil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Sil

El Sil foi un periódico editado no Barco de Valdeorras entre 1955 e 1958.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Boletín Informativo del Ayuntamiento y Jefatura Local del Movimiento. Barco de Valdeorras, apareceu o 1 de abril de 1955. Dirixido por Manuel Hernández Rodríguez, entre os seus colaboradores figuraron Pedro Tertuliano Hervella Nieto e José Antonio Gurriarán. Contiña información política e colaboracións. Editábase en Gráficas Aliaga de Ponferrada e a partir do número once en La Región de Ourense. O último número aparecido foi o 40 en outubro e novembro de 1958.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«Fomento del país», editado en Petín, primeira publicación da bisbarra". La Voz de Galicia, O Barco, 20-4-1989, p. 27.