El Síndrome del Martes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
El Síndrome del Martes
No 2008
OrixeBadalona, Barcelona, Cataluña Cataluña
Período2001 - presente
Xénero(s)Pop-rock
MembrosJose Maria Buitrago
Xavi Miliá
Jonatan Jiménez
Nando Reyes
Jordi Miralles
Na rede
http://www.elsindromedelmartes.com

El Síndrome del Martes é un grupo musical catalán formado en 2001. A banda é orixinaria de Badalona (Barcelona). O seu estilo de música é pop-rock.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Jose María Buitrago: Voz, guitarra rítmica.
  • Xavi Miliá: Voz, guitarra solista.
  • Jonatan Jiménez: Baixo, coros.
  • Nando Reyes: Teclados.
  • Jordi Miralles: Batería, programacións.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • El Síndrome del Martes (2007)

Eurovisión[editar | editar a fonte]

No ano 2007, TVE organizou a elección do candidato por España en Eurovisión, presentándose 700 artistas de todos os puntos do Estado, moitos deles xa coñecidos, con representación e traballos discográficos xa publicados. El Síndrome del Martes foi un dos grupos entre os 57 semifinalistas, aparecendo na televisión dentro do programa Misión Eurovisión' o 3 de febreiro de 2007 interpretando a canción "Mucho mejor" de Los Rodríguez.

No ano 2008, a elección para o representante español en Eurovisión foi levada a cabo mediante votacións populares en MySpace e patrocinado por Televisión Española. El Síndrome del Martes foi un dos 536 participantes, quedando no posto 89 da votación coa canción "Tiempo al tiempo".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]