El Raspai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 38°26′35.7″N 1°5′25.7″O / 38.443250, -1.090472

Igrexa de El Raspai

El Raspai (en castelán: Raspay), tamén coñecido como El Carxe, é unha pedanía do concello de Yecla, na Rexión de Murcia. Situada na fronteira coa provincia de Alacant, forma parte da rexión do Carche, de fala valenciana.

Historia[editar | editar a fonte]

O poboamento permanente da zona remóntase a 1855, cando Antonio Ibáñez (nado na cidade albaceteña de Almansa o 9 de marzo de 1829) encargouse da reitoría da pedanía e converteuse no primeiro cura desas tierras. En 1855, data da súa entrada en Yecla, como reitor de El Raspai e, moi pronto, como ecónomo da Asunción, o Concello está gobernado polo avogado Fortunato Díaz e Maza de Liñaza (1815-92), progresista partidario do xeneral Espartero.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase situada na Serra das Pansas, unha das estribacións da Serra do Carche. Dispón de varias paraxes de interese, entre os que destacan a Cova da Zurriera, a de Jaime El Barbudo e a Font de les Panses.

O núcleo está formado por dous barrios separados por un torrente. O barrio máis oriental é Enfront e o outro Darrere. Preto de El Raspai está o núcleo deshabitado de Quitapellejos.

Demografía[editar | editar a fonte]

El Raspai ten unha poboación de 126 habitantes, 60 homes e 66 mulleres (INE 2007).

Variación demográfica de Raspay (INE)
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
147 145 135 134 135 129 128 126 119

Festividades[editar | editar a fonte]

As festas patronais de El Raspai celébranse a finais de xuño na honra do Sagrado Corazón de Xesús e do Doce Corazón de María. Ademais, tamén celebran San Isidoro o día 20 de maio para non coincidir coas festas de Yecla.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]