El Pueblo Muradano
Aparencia
El Pueblo Muradano | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
El Pueblo Muradano foi un periódico editado en Muros entre 1902 e 1906.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Apareceu o 3 de novembro de 1902. Inicialmente non tiña subtítulo, pero a partir do segundo ano subtitulouse Periódico quincenal. Entre os seus colaboradores figuraron Paulino Lago González, José Ignacio Novo e Atanasio López Fernández.[1] Ademais de novas da comarca, publicaba contos e poesía en castelán. O seu número 18, aparecido o 29 de xuño de 1903, foi un Número extraordinario dedicado a nuestros paisanos de América, no que apareceu un longo poema dedicado "A Muros" de Francisco Tettamancy. Aínda se publicaba en xuño de 1906.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Pueblo Muradano, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 376. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 393–396. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine.