El Litoral (Vilagarcía de Arousa)
Aparencia
El Litoral | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
El Litoral foi un periódico publicado en Vilagarcía de Arousa entre 1899 e 1910.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 8 de xaneiro de 1899.[1] Deixou de editarse na primeira década do século XX, cando se produciu a doazón da illa de Cortegada ao monarca. En novembro de 1910 sacou un número extraordinario, editado nos talleres de El Eco de Arosa, no que reproduciu e comentou unha sesión municipal na que se debatía a creación de dúas prazas de médico para Vilagarcía de Arousa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Correspondencia Gallega, 9-1-1899, p. 3, da esta como data de inicio, confirmada en Revista Gallega, 204, 5-2-1899, p. 2. Aínda que La Idea Moderna, 26-5-1899, p. 2, afirma que apareceue en maio dese ano.