El Farol (Mondoñedo)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Farol.
El Farol | |
---|---|
Localidade | Mondoñedo |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Farol foi un semanario publicado en Mondoñedo en 1886.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico verdaderamente serio, aunque parezca broma, apareceu o 29 de abril de 1886. Imprimiuse en Madrid, Mondoñedo e Viveiro. Publicación satírica republicana, foi fundado e dirixido por José López, e o redactor era Robustiano Sánchez Marroquín. Incluíu textos literarios e críticas sobre acontecementos políticos e sociais da vila. Cesou a súa publicación o 28 de novembro de 1886.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 267. ISBN 84-7492-489-8.