El Entusiasta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Entusiasta
LocalidadeSantiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]
Ramón Caamaño Paz director de El Entusiasta.

El Entusiasta foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1893 e 1900.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Avisador quincenal del Magisterio Primario y órgano de la Asociación de Maestros de este distrito Universitario, apareceu a principios de xullo de 1893.[1] Dirixido por Ramón Caamaño Paz.[2] Publicábase os días 1 e 15 de cada mes. O seu obxectivo era a defensa do maxisterio. Cesou a súa publicación non antes do 1 de marzo de 1900.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 5-7-1893, p. 2.
  2. El Mortero, 29-3-1896, p. 1-2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]