El Eco del Liceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Eco del Liceo foi un periódico editado en Ourense entre 1870 e 1871.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Revista semanal de literatura y ciencias, apareceu o 1 de abril de 1870. Publicado en principio cun fin cultural, dende o número 11 cambiou o subtítulo por Revista de literatura, ciencias y política e sostivo unha ideoloxía liberal, mantendo polémica con La Nacionalidad. A dirección corría a cargo da Xunta Directiva da Academia de Literatura e Ciencias do Liceo de Ourense, presidida por Juan Sieiro, que era o director real da revista. Entre os seus colaboradores figuraron Antonio Valcárcel Quiroga, Cesareo Fernández Losada, Arturo Soria, Juan Manuel Paz, Manuel Costa Pérez, Ramón Quesada, Alejandro Quereizaeta, Enrique Trompeta, M. M. Puga, Constancio López Corona e José García Mosquera. Tirábase na imprenta Moldes e despois na de Francisco Paz. Cesou a súa edición co número 26, o 2 de outubro de 1871.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]