El Eco de Marín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Eco de Marín
LocalidadeMarín
editar datos en Wikidata ]

El Eco de Marín foi un semanario editado en Marín entre 1897 e 1914.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Periódico fundado por Sabas Catá en 1897, quen foi tamén o seu director. En 1900 pasou a denominarse El Eco Marinense, en 1902 El Marinense, Semanario de intereses generales, en 1909 Nuevo Marín e en 1912 recupero a cabeceira orixinal volvendo chamarse El Eco de Marín. Foi un periódico de tendencia liberal e na última etapa republicana. Publicou traballos de carácter comercial ou marítimo, novas de información xeral, e algún folletín. En galego apareceu a sección "Paliques" asinada por Xesteiro. Entre os seus colaboradores figuraba Lino Gerpe. Cesou a súa edición o 29 de marzo de 1914[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marín, 5-4-1914, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]