El Clamor Público
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
El Clamor Público foi un periódico que se editou en Ferrol entre 1889 e 1901.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Diario Republicano, apareceu en 1889. Tivo unha segunda época que comenzou en agosto de 1899 substituíndo ao semanario La Unión[1]. Entre os seus redactores figurou Francisco Fernández García "Pedrosa", que foi o seu director en 1900[2]. Contaba con varias seccións como "Artículo de fondo", "Guía del viajero", "Notas reporteriles" e "Noticias varias". Editábase na imprenta de Román Torres. Cesou a súa publicación o 10 de agosto de 1901.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Idea Moderna, 3-8-1899, p. 2.
- ↑ El Correo Gallego, 12-1-1900, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.