El Chisme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Chisme

Editar o valor em Wikidata
Fundación1884
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9019
editar datos en Wikidata ]

El Chisme foi un semanario editado en Pontevedra en 1884.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario independiente, recreativo, tempestivo y joco-serio, apareceu o 13 de xullo de 1884. Periódico semanal de carácter crítico e literario que estaba dirixido por Albino Simán. Os colaboradores eran Luís Taboada, M. Palacios e Luis Vidart. Outros artigos estaban asinados cos pseudónimos Glorioso, Pardillo, Calderilla e Padre Santo. Constaba de artigos de fondo, informacións de actualidade, novas breves, sucesos da semana e anuncios. Moitas noticias estaban comentadas en verso. Apareceron catorce números cesando a súa edición o 5 de outubro de 1884, cambiando o seu título por La Silueta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]