O Ekipo Ja é un grupo de xitanos moi peculiar dirixido por Juan de Dios, que non sabe que posúe un selo capaz de facer que se cumpran os desexos de quen o teña. A complicación vén cando aparece unha estraña millonaria, coñecida como "a Marquesa", que pretende facerse co selo. Para acadar o obxecto, conta coa compaña dun traficante italiano asociado coa mafia rusa. Mais a misión non resulta fácil debido á capacidade do Ekipo para complicalo todo.