Saltar ao contido

Ehun metro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ehun metro
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Ambientado en
 Época ambientación
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
1976 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Ehun metro é unha novela en éuscaro de Ramon Saizarbitoria que foi publicada por vez primeira no ano 1976. Conta os derradeiros cen metros que corre un membro de ETA antes de ser asasinado na praza da Constitución de Donostia escapando dos policías, alén das vivencias da súa nenez, os días de clandestinidade, unha relación amorosa do pasado, intercalando información dos titulares de xornais, os interrogatorios policiais a outro rapaz e comentarios de xente da rúa.

A novela reflicte a represión do franquismo e o ambiente opresor que se vivía en Hegoalde, especialmente contra a lingua éuscara. A narración desenvólvese cun xeito especial, aproveitando os estilos que renovaron a literatura éuscara daquel tempo, como o emprego de flash-backs, a colaxe, a elipse e distintos recursos intercalados no relato que vinculan todos os elementos para o lector.

A novela tivo 14 publicacións até o ano 2011 e foi traducido a catro linguas. En 1985, o director Alfonso Ungria adaptouna ó cine co mesmo título Ehun metro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]