Ecumenópole
Ecumenópole é un termo ideado polo arquitecto e planificador urbano Constantinos Doxiadis no ano 1967. O termo alude á idea de que, nun futuro, as áreas urbanas e megalópoles se fusionarán unha única cidade mundial, dada a crecente urbanización e medramento da poboación.
Un mundo levado a este nivel de desenvolvemento podería, presuntamente, ter que importar os seus alimentos doutros planetas ou posuír enormes instalacións hidropónicas, orbitais ou subterráneas. Unha civilización capaz de construír unha ecumenópole está case, por definición, no tipo I da Escala de Kardashev.
Doxiadis ideou un escenario baseado na tradición e nas tendencias de desenvolvemento urbanístico da súa época, predicindo primeiro unha eperópole europea (unha cidade continente), que abranxería a área comprendida entre Londres, París e Ámsterdam.
Ecumenópole ana ficción
[editar | editar a fonte]Na literatura de ficción científica, existen diversos exemplos de ecumenópoles:
- Trantor no universo da Saga das Fundacións de Isaac Asimov.
- Coruscante no universo de Star Wars.
- Apókolips, dirixida por Darkseid no universo de DC Comics.