Eclipse lunar de xullo de 2018
Aparencia
A eclipse lunar total que tivo lugar o 27 de xullo de 2018 foi o primeiro eclipse lunar central (no que a Lúa pasa polo centro da sombra da Terra) desde o 15 de xuño de 2011. Foi tamén a eclipse lunarde maior duración do século XXI grazas a que ocorreu durante o apoxeo da Lúa. A fase de totalidade durou 1 hora e 43 minutos, fronte ao máximo teórico posible de 1 hora e 47 minutos. A Lúa pasou catro horas nalgún punto da sombra da Terra. Foi a segunda eclipse do 2018, co primeiro ocorrido o 31 de xaneiro.[1][2]
Visibilidade
[editar | editar a fonte]A eclipse foi completamente visible desde o África oriental e do sur e Asia central e sur, puido verse coa Lúa saíndo desde Suramérica, África occidental e Europa, e coa Lúa poñéndose desde Asia oriental e Australia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Space (29 de decembro de 2018). "In 2018 the longest lunar eclipse will take place in 100 years". Earth Chronicles (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2018.
- ↑ Bruce McClure (27 de xullo de 2018). "Century's Longest Lunar Eclipse July 27" (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eclipse lunar de xullo de 2018 |