Earlybird 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Earlybird 1
TipoObservación terrestre
FabricanteOrbital Sciences Corporation
OrganizaciónEarthwatch Inc.
Data de lanzamento24 de decembro de 1997, 13:23 GMT[1][2][3]
Foguete portadorStart 1[1][4]
Sitio de lanzamentoCentro de lanzamento de Svobodniy, rampla 5[1][5]
Obxectivo da misiónObservación da Terra en varias lonxitudes de onda.[1][5]
Decaemento27 de xullo de 2000[2]
NSSDC ID1997-085A
Masa317 kg[1]

Early Bird 1 ou Earlybird 1 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 24 de decembro de 1997 mediante un foguete Start 1 desde o Centro de lanzamento de Svobodniy, en Rusia.[1][5][4]

Características[editar | editar a fonte]

Earlybird 1 era un satélite comercial de observación terrestre construído por CTA Space Systems, absorbida posteriormnete por Orbital Sciences Corporation, para Earthwatch Inc.. O seu fin era proporcionar imaxes de alta resolución da superficie terrestre para comercializalas. O satélite sería capaz de chegar a resolucións de 3 m por píxel en imaxes monocromáticas e de 15 m por píxel en imaxes en cor. O sensor de imaxe derivaba do usado anteriormente polo satélite Clark da NASA.[1][5][4]

O satélite foi lanzado sen problemas, pero perdeuse contacto con el catro días despois da posta en órbita. Reentrou na atmosfera o 27 de xullo de 2000.[1][5][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (24 de xaneiro de 2020). "Early Bird 1" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "EARLY BIRD" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  3. "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54610). 24 de xuño de 1998: 19. Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Earlybird 1" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2020). "Early Bird" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]