EDAR de Cabo Prioriño
Coordenadas: 43°27′47″N 8°20′25″O / 43.46317, -8.34039
EDAR de Cabo Prioriño | |
---|---|
Vista xeral | |
Concellos | Ferrol, Narón e Neda |
Construción | Acciona, Suez Environnement |
Inauguración | |
Poboación | 200.000 habitantes |
Xestión | Emafesa (ACS) |
Propiedade | Concello de Ferrol |
Tipoloxía | Depósito de tormentas e regulación de caudal, pretratamento, decantación primaria e lamear, biofiltración, tratamento de lamas, desodorización |
Verte ao | Océano Atlántico |
Estacións de bombeo | A Graña (Ferrol) A Gándara (Narón) O Cadaval (Narón) |
Páxina web | - |
A EDAR de Cabo Prioriño é unha estación depuradora de augas residuais situada en Ferrol, preto do porto exterior e na entrada da ría de Ferrol. É empregada para o tratamento das augas de Ferrol, Narón e Neda.
Descrición[editar | editar a fonte]
A planta foi construída nun desmonte da outra banda do porto exterior de Ferrol. As augas residuais da banda dereita da ría de Ferrol chegan a ela dende unha estación de bombeo na Graña por un túnel de máis de 7 km. As augas tratadas vértense ao océano por un emisario submarino.
A obra custou 36 859 331,76 euros pagados nun 85 % pola Unión Europea e o outro 15 % por Augas de Galicia[1]
En agosto de 2015 o concello de Ferrol fixo público que a EDAR despois dun ano da inauguración non era quen de tratar as augas residuais vertendo ao océano sen completar o tratamento[2].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Estación depuradora de augas residuais de cabo Prioriño". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2014. Consultado o 04 de maio de 2014.
- ↑ La empresa de aguas de Ferrol, ligada a ACS, admite haber cobrado por una depuración inexistente eldiario.es