Down Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down, máis coñecida como Down Galicia, é unha organización sen ánimo de lucro, que agrupa ás entidades específicas para a síndrome de Down de Galicia. Foi constituída no ano 1998 para canalizar as demandas deste colectivo no ámbito galego e achegar solucións que contribuísen a normalizar a súa situación na sociedade dunha forma inclusiva[1].

Segundo os seus estatutos[2], Down Galicia ten como obxectivo conseguir que as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual alcancen a máxima capacidade posible para levar unha vida autónoma, tomar as súas propias decisións e formar parte da sociedade dunha forma visible e inclusiva.

Down Galicia pertence á Federación Española de Institucións para a síndrome de Down (Down España) e forma parte do Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI-Galicia) e da Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social (EAPN-Galicia). A Federación foi declarada de Utilidade Pública pola Orde INT/2958/2006, do 12 de setembro (BOE nº 232 do 28 de setembro de 2006) [3].

Áreas de actuación[editar | editar a fonte]

Down Galicia desenvolve o seu labor a través do chamado Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP)[4], organizado en seis áreas de atención, que abrangue todo o período evolutivo das persoas.

  • Área de atención temperá
  • Área de educación
  • Área de formación e emprego
  • Área de vida adulta e independente
  • Área complementaria
  • Área transversal

Entidades membro[editar | editar a fonte]

Down Galicia agrupa actualmente sete entidades locais, situadas todas elas en Galicia[5]:

  • Down Vigo
  • Down Pontevedra “Xuntos”
  • “Teima” Down Ferrol
  • Down Lugo
  • Down Compostela
  • Down Coruña
  • Down Ourense

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xunta de Galicia «A Consellería de Política Social explora novas vías de colaboración con Down Galicia» Consultado o 1 de xullo de 2016
  2. Down Galicia «Memoria de actividades 2014» Consultado o 1 de xullo de 2016
  3. BOE «Orden INT/2958/2006, de 12 de septiembre, por la que se declaran de utilidad pública Down Galicia» Consultado o 1 de xullo de 2016
  4. Praza Pública «Síndrome de Down: A súa vida tampouco ten límites» Consultado o 1 de xullo de 2016
  5. Down Galicia «Entidades» Consultado o 1 de xullo de 2016

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]