Donnchadh MacGillÌosa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1941 (82/83 anos) Ness, Reino Unido (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Universidade de Aberdeen |
Actividade | |
Ocupación | mestre , tradutor , horticultor , escritor |
Lingua | Lingua gaélica escocesa e lingua inglesa |
Donnchadh MacGillÌosa (en inglés, e oficialmente: Duncan Gillies), nado en Nis en 1941, é un escritor escocés en gaélico escocés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Aberdeen e reside e traballa en Londres como mestre e xardineiro. Tradutor de Shakespeare publicou en 1988 un libro con traducións do dramaturgo co título de Seachd Luinneagan le Shakespeare, e en colaboración con outro escocés veciño de Londres, Calum Graham, deu ao prelo en 1991 unha selección de relatos de moi diversos autores, Thall's A-Bhos. Autor tamén dunha novela infantil Disathairn que apareceu en 1992. Publicou en 2004 o seu primeiro libro de relatos, dentro da serie Ùr-Sgeul, Tocasaid Ain Tuirc[1].
A súa segunda colección de relatos Màiri Dhall agus Sgeulachdan Eile foi finalista en 2013 ao premio ao mellor libro escocés da Sociedade Literaria Saltire[2].En 2018 publicou unha nova escolla de relatos, An Còta Dathach agus Deich Sgeulachdan Eile.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Corpas na Gàidhlig". dasg.ac.uk.
- ↑ "2013 Saltire Society Literary Awards Shortlist". saltiresociety.org. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 01 de agosto de 2018.